Caderno de ideas do Departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe de Frións (Ribeira): Pareidolias como formas insospeitadas que atopamos nas nosas vidas tendo o dereito a sentilas dun xeito único e persoal.A DIVERSIDADE a través de distintas manifestacións artísticas.
sábado, 23 de maio de 2026
OS LAPIS PRIMOS de José A. Ramírez Lozano e Natalie Pudalov.
sábado, 18 de abril de 2026
sábado, 28 de febreiro de 2026
sábado, 21 de febreiro de 2026
"GRANDE E PEQUENA" de ARIANNA SQUILLONI E RAQUEL CATALINA
sábado, 14 de febreiro de 2026
" SOÑO DUNHA SOMBRA" de XOSÉ COBAS.
A silueta da sombra da nosa propia mirada adéntrase nunhas ilustracións cheas de movemento lentos e acelerados superpostos. Ábrense e péchanse ángulos, a luz marmura ás agachadas.
sábado, 31 de xaneiro de 2026
"LABIRINTO" de RAMÓN TRIGO.
sábado, 29 de novembro de 2025
"NUBES EN LA CABEZA" DE ELENA VAL. POEMA SOBRE OS AVÓS E AVOAS DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ.
Avoas con nubes na cabeza. Nubes como pensamentos que voan a mundos que non sabemos que existen ata que petan nas nosas mentes.
Ilustracións que moldean as formas destas nubes tipograficamente coas letras do alzheimer.
Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.
Aseguran que o tempo é o único culpable,
un furtivo que chega cos dentes afiados
a cravárselles no rostro
mentres dormen
mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns
ou xogan coma nenos.
A miúdo falan de vidas que pasaron
e argallan historias,
ao quentaren as mans
sobre a seda dos lumes.
Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos.
(Ana MªFernández)
martes, 25 de novembro de 2025
PAULINA SILVA CHALA e POEMA DE ÁLVARO CUNQUEIRO.
Polos teus ollos quen pasóu, amiga,
deixóu unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Deixóu de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasóu, amada.
Nos ollos teus.
Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.
(Álvaro Cunqueiro)
domingo, 16 de novembro de 2025
POESÍA DE FOLLAS DE OUTONO.
Vén onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.
(Ana María Fernández)
domingo, 9 de novembro de 2025
OUTONO DE MANUEL MARÍA.
Veleiquí, Outono, grande e puro,
vestindo ao mundo de dourado,
con saibo a mosto fermentado,
a mazá, a sal, a grao maduro.
Veleiquí Outono, nel procuro
o rumor do vento namorado,
o laio do mar ben concertado
e o claro misterio máis escuro.
Veleiquí Outono, fosco e ledo,
con brasas secretas, soedosas,
acesas nas brétemas do medo.
(Manuel María)
domingo, 19 de outubro de 2025
domingo, 8 de xuño de 2025
"DIONA" DE JUAN SENÍS E OSCAR SABINI.
O síndrome de dióxenes contado literariamente de xeito acomulativo e encadeao como a propia situación que vive Diona. Montañas, cordilleiras de obxectos que son paisaxes de dores existenciais.
sábado, 1 de marzo de 2025
"QUEN FALA?" DE TARO GOMI.
sábado, 22 de febreiro de 2025
23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. BIOPOEMAS DE ALBA DE EVAN, XABIER DOMÍNGUEZ E BEA GREGORES.
QUE PRACIAMENTE BRILAN!
¡Qué pracidamente brilan
o río, a fonte i o sol!
Cánto brilan..., mais non brilan
para min, non.
¡Cál medran herbas e arbustos,
cál brota na árbor a frol!
Mais non medran nin frorecen
para min, non.
¡Cál cantan os paxariños
enamoradas canciós!
Mais anque cantan, non cantan
para min, non.
¡Cál a Natureza hermosa
sorrí a maio que a mimóu!
Mais para min non sorrí,
para min, non.
Si..., para todos un pouco
de aire, de luz, de calor...
Mais si para todos hai,
para min, non.
¡E ben...!, xa que aquí n'atopo
aire, luz, terra nin sol,
¿para min n'habrá unha tomba?
Para min, non.
(Rosalía de Castro)
" O RABAÑO" DE MARGARITA DEL MAZO E GURIDI.
A Ovella nº4 non quere facer o mesmo que fan todas as ovellas: saltar nos soños das persoas unha noite tras outra. Decide que ela prefire facer outras cousas. Poderá ser ela mesma?
"QUERES COÑECERME? MIMI E A XIRAFA AZUL" DE CÉLICE E VISSECHER E MARÍA ELLA CARRERA.
venres, 21 de febreiro de 2025
"O GALO QUE PUXO UN OVO" DE INDY GARCÍA ACEDO E LAURA TOVA.
venres, 31 de xaneiro de 2025
"TITIRITESA" DE XERARDO QUINTIÁ E MAURIZIO A.C QUARELLO.
mércores, 29 de xaneiro de 2025
DIARIOS E VIÑETAS POLO DÍA DA PAZ DE ANA FRANK.
Os diarios e as novelas gráficas poden ser unha porta onde petar polo seu formato para achegar feitos históricos dun xeito visual e dende a proximidade dos relatos en primeira persoa.





















































