Amosando publicacións coa etiqueta Emigración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emigración. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de marzo de 2025

" SOY UN PUNTO" DE CAROLINA ZANOTTI E GIANCARLO MACRI.

 

Carolina Zanotti y Giancarlo Macri con sinxelos pero complexos   puntos metafóricos,  crea dous universos antitéticos que semellan non ter espazos de interseción. O diálogo, a reflexión e a sensibilidade fai que podamos soñar coa desaparición  das fronteiras do alleo e que se acaden escenarios de fusión e solidariedade.










(Fotografías de Sebastiâo Salgado)



domingo, 2 de marzo de 2025

"EL VIAJE DE KALAK" DE MARIA QUINTANA SILVA E MARIE-NOËLLE HÉBERT.


Emigrar é sinónimo de tomar decisións moitas veces sen horizontes garantidos. Nos petos, pasaportes de incertidumes, medos e fronteiras de quen nunca lle pregou ao vento que por favor non soprara en contra.




 

sábado, 22 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. BIOPOEMAS DE ALBA DE EVAN, XABIER DOMÍNGUEZ E BEA GREGORES.

 


Nesta obra poemos atopar BIOPOEMAS da vida de Rosalía de Castro. Emigración e muller son un eco constante nas súas páxinas. Unha vida poetizada.

QUE PRACIAMENTE BRILAN!


 ¡Qué pracidamente brilan

o río, a fonte i o sol!

Cánto brilan..., mais non brilan

para min, non.


¡
Cál medran herbas e arbustos,

cál brota na árbor a frol!

Mais non medran nin frorecen

para min, non.


¡
Cál cantan os paxariños

enamoradas canciós!

Mais anque cantan, non cantan

para min, non.


¡
Cál a Natureza hermosa

sorrí a maio que a mimóu!

Mais para min non sorrí,

para min, non.


Si..., para todos un
pouco

de aire, de luz, de calor...

Mais si para todos hai,

para min, non.


¡E ben...!,
xa que aquí n'atopo

aire, luz, terra nin sol,

¿para min n'habrá unha tomba?

Para min, non. 

 

(Rosalía de Castro)



sábado, 15 de febreiro de 2025

"TODOS MENOS UNO" DE ERIC BATTUT.


 Un chícharo fixo unha viaxe  de transformación  por distintas paisaxes que o foron dotándo de recursos para sentirse seguro de sí mesmo sen seguir patróns e sen neceside de ser un ser de molde.