Dende a sinxeleza dun dente de león á complexidade de falar da esencia do ser e do estar, o que nos caracteriza e subliña a riqueza da pluralidade.
Caderno de ideas do Departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe de Frións (Ribeira): Pareidolias como formas insospeitadas que atopamos nas nosas vidas tendo o dereito a sentilas dun xeito único e persoal.A DIVERSIDADE a través de distintas manifestacións artísticas.
domingo, 31 de maio de 2026
"DIENTES DE LEÓN" de Jang-Sung Kim-Hyun-Gyung on.
Dende a sinxeleza dun dente de león á complexidade de falar da esencia do ser e do estar, o que nos caracteriza e subliña a riqueza da pluralidade.
sábado, 23 de maio de 2026
OS LAPIS PRIMOS de José A. Ramírez Lozano e Natalie Pudalov.
sábado, 16 de maio de 2026
"HUELLAS" de Carmen Parets Luque.
Carmen Parets Luque, preséntanos este relato sobre a diversidade a través dos nosos dedos. Como cada pegada fai que sexamos diferentes e únicos/as.
domingo, 22 de marzo de 2026
"COSAS QUE VIENEN Y VAN" de BEATRICE ALEMAGNA.
sábado, 14 de marzo de 2026
sábado, 6 de decembro de 2025
"PONTE EN MI LUGAR" DE SUSANNA ISERN
Cen zapatos, lunar da xoaniña, ...un conto onde a EMPATÍA non forma parte do diccionario vital do grilo.
sábado, 29 de novembro de 2025
"NUBES EN LA CABEZA" DE ELENA VAL. POEMA SOBRE OS AVÓS E AVOAS DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ.
Avoas con nubes na cabeza. Nubes como pensamentos que voan a mundos que non sabemos que existen ata que petan nas nosas mentes.
Ilustracións que moldean as formas destas nubes tipograficamente coas letras do alzheimer.
Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.
Aseguran que o tempo é o único culpable,
un furtivo que chega cos dentes afiados
a cravárselles no rostro
mentres dormen
mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns
ou xogan coma nenos.
A miúdo falan de vidas que pasaron
e argallan historias,
ao quentaren as mans
sobre a seda dos lumes.
Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos.
(Ana MªFernández)
domingo, 23 de novembro de 2025
sábado, 8 de novembro de 2025
"EL VIAJE JUNTOS" DE PAUL Y JUDY KARASIK
sábado, 25 de outubro de 2025
"ABECEDARIO A MANO" DE ISOL.
domingo, 19 de outubro de 2025
"SINFRONTERAS" DE IMAPLA.
"Sinfronteras", formato de libriño, que permite facer centos de combinacións a partir de bandeiras de 45 paises. Xogos visuais para encher e pintar o mundo de cores.
sábado, 11 de outubro de 2025
sábado, 4 de outubro de 2025
"LA MUY CATASTRÓFICA VISITA AL ZOO" DE JOËL DICKER.
"La muy catastrófica visita al zoo" é o relato de aventuras e desventuras que comparte unha nena coa lupa dunha investigación para intentar averiguar o que pasou na súa escola. Feito que fixo que tiveran que mudarse de colexio, ela e os seus amigos.Tócanse teclas de temas como a diversidade funcional, a democracia, a sensibilidade ,etc. Unha obra para ler e reler.Unha obra para alumnado, profesorado, familias e cidadanía.

















































