A artista Joan Eardley dicía que pintaba para espantar a soidade. Ademáis das súas enigmáticas obras de salitre, deixou unha colección de rostros de infancia que semella "o esturro" facial que nos fixo algún día ser, quizais, libres.
Caderno de ideas do Departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe de Frións (Ribeira): Pareidolias como formas insospeitadas que atopamos nas nosas vidas tendo o dereito a sentilas dun xeito único e persoal.A DIVERSIDADE a través de distintas manifestacións artísticas.
A artista Joan Eardley dicía que pintaba para espantar a soidade. Ademáis das súas enigmáticas obras de salitre, deixou unha colección de rostros de infancia que semella "o esturro" facial que nos fixo algún día ser, quizais, libres.
Oluwafemi Afolabi, artista de Nixeira. Na súa obra podemos atopar o protogonismo do morcego con toda a súa morfoloxía simbólica científica.
A artista Helen Zughabid nace no Líbano. A través da súa paleta de cores invítanos a reflexionar socialmente sobre diversas temáticas.
Se eu achase a palabra
donda, escintilante,
tan lene coma o peito da andoriña,
tan rexa coma a face da verdade...
Se eu achase a palabra
de lume, de auga, de aire,
de terra aloumiñada pola brisa
que arrola cada tarde...
Se eu achase a palabra
limpa, espida, que cabe
no efémero latexo dun salouco
e abrangue a eternidade...
Se eu achase a palabra
de amor que iluminase
esta esfera que treme estarrecida
na sombra e na soidade...
Se eu achase a palabra
eu pintaría o planeta de paz e liberdade.
(MARÍA VICTORIA MORENO MARQUÉZ)
Polos teus ollos quen pasóu, amiga,
deixóu unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Deixóu de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasóu, amada.
Nos ollos teus.
Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.
(Álvaro Cunqueiro)