Amosando publicacións coa etiqueta violencia machista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta violencia machista. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de novembro de 2025

ESPIRAIS DE LEONORA CARRINGTON . REFLEXIÓN SOBRE ESPIRAIS DE VIOLENCIA MACHISTA (I).

 






PAULINA SILVA CHALA e POEMA DE ÁLVARO CUNQUEIRO.

 



Polos teus ollos quen pasóu, amiga,
deixóu unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Deixóu de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasóu, amada.
Nos ollos teus.

Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.

(Álvaro Cunqueiro)

luns, 24 de novembro de 2025

25 N: SEREAS DESPEITEADAS.

 


(Maruja Mallo)

Mereces un amor que te queira despeiteada.


Mereces un amor que te queira despeiteada,

incluso coas razóns que te levantan depresa

e con todo e os demos que non te deixan durmir.

Mereces un amor que te faga sentir segura,

que poida comer o mundo se camiña da túa man,

que sinta que as túas apertas van perfectas coa túa pel.

Mereces un amor que queira bailar contigo,

que visite o paraíso cada vez que ve os teus ollos

e que non se aburra nunca de ler as túas expresións.

Mereces un amor que te escoite cando cantas, 

que te apoie nos teus ridículos,

que respecte que es libre,

que te acompañe no teu voo,

que non lle asuste caer.

Mereces un amor que leve as mentiras,

que che traia a ilusión,

o café 

e a poesía.


  • Frida Khalo/Estefanía Mitre-


domingo, 24 de novembro de 2024

"8 SEÑALES. GESTIÓN DE VIDA O MUERTE". Noelia Míguez e Patricia Calveiro. 25N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

 

Este libro relata unha historia real, onde a violencia machista guionizou a vida dunha rapaza galega, que podería ser a nosa veciña, a nosa irmá, a nosa amiga, a nosa compañeira, a nosa actriz favorita, a condutora do autobús, a carteira...poderiamos ser calquera de nós porque a violencia  pode entrar nas nosas vidas sen petar.