Amosando publicacións coa etiqueta Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Muller. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de maio de 2026

"HUELLAS" de Carmen Parets Luque.

 


Carmen Parets Luque, preséntanos este relato sobre a diversidade a través dos nosos dedos. Como cada pegada fai que sexamos diferentes e únicos/as.




domingo, 10 de maio de 2026

JOAN EARDLEY: ROSTROS DE NENOS E NENAS.

 








A artista Joan Eardley dicía que pintaba para espantar a soidade. Ademáis das súas  enigmáticas obras de salitre, deixou unha colección de rostros de infancia que semella "o esturro" facial que nos fixo algún día ser, quizais, libres.

"EL SUSHI QUE NADIE ELIGIÓ" de Nata Nori.

 



Relatos rimados,onde se vai presentando cada peza de sushi, sendo un universo de personalidades, xeitos de sentir a vida, etc. Diálogo oca diversidade e a gastronomía da pluralidade.

domingo, 3 de maio de 2026

domingo, 12 de abril de 2026

domingo, 29 de marzo de 2026

KARA WALKER.

 



Siluetas de papel. Siluetas inquedantes sobre o racismo e excravitude.









domingo, 8 de marzo de 2026

"LA MUJER MULTIPLICADA"(O DIVIDIDA) de ELENA LOSADA E AMANDA MIJANGOS. 8 DE MARZO.

 



Reflexión dende unha matemática poética de como unha muller vai multiplándose para poder facer infinidade de cousas. Multiplicación que implica ir dividíndose e facéndose máis pequena.






sábado, 21 de febreiro de 2026

"GRANDE E PEQUENA" de ARIANNA SQUILLONI E RAQUEL CATALINA

 


O título antitético deste album ilustrado sintetiza a historia dunha muller de mulleres. A presenza da natureza como fonte de inspiración e aspiración é unha constante. Esta muller vive nas orellas de quen desexa escoitala.







domingo, 14 de decembro de 2025

OLUWAFEMI AFOLABI, ARTISTA QUIROPTÉRICO: MULLERES MORCEGO.

 

Oluwafemi Afolabi, artista de Nixeira. Na súa obra podemos atopar o protogonismo do morcego con toda a súa morfoloxía simbólica científica.








domingo, 7 de decembro de 2025

TONIA NNEJI e POEMA DE MAYA ANGELOU (FAMILIA HUMANA).



"A VARIADE DA COR DA PEL
PODE CONFUNDIRNOS,
ABRUMARNOS 
E DELEITARNOS.
SOMOS MARRÓNS,ROSADOS, 
E NEGROS,
E PÚRPURAS,
TOSTADOS, AZUIS E BRANCOS"
(Maya Angelou)










domingo, 30 de novembro de 2025

HELEN ZUGHABID e POEMA DE MARÍA VICTORIA MORENO MARQUÉZ.

 

A artista Helen Zughabid nace no Líbano. A través da súa paleta de cores invítanos a reflexionar socialmente sobre diversas temáticas.

Se eu achase a palabra
donda, escintilante,
tan lene coma o peito da andoriña,
tan rexa coma a face da verdade...

Se eu achase a palabra
de lume, de auga, de aire,
de terra aloumiñada pola brisa
que arrola cada tarde...

Se eu achase a palabra
limpa, espida, que cabe
no efémero latexo dun salouco
e abrangue a eternidade...

Se eu achase a palabra
de amor que iluminase
esta esfera que treme estarrecida
na sombra e na soidade...

Se eu achase a palabra
eu pintaría o planeta de paz e liberdade.

(MARÍA VICTORIA MORENO MARQUÉZ)