Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de decembro de 2025

"El LÁPIZ" DE HYEEUN KIM.

 



Das virutas dun afiar medran árbores, as árbores fan un bosque...pero o bosque vai ser talado. Con esta reflexión ecolóxica e artística despedimos este 1º trimestre e o 2025.













domingo, 16 de novembro de 2025

POESÍA DE FOLLAS DE OUTONO.


(Josep Guinovart)

 Vén onda nós o outono

dacabalo do aire;

nos camiños da fraga

os ourizos xa abren.

Síntoo chegar contento

da eterna viaxe

enredando entre as follas,

estreando friaxe.

(Ana María Fernández)

sábado, 8 de novembro de 2025

IMPORTANCIA DA CONEXIÓN COA NATUREZA E DIVERSIDADE.






(Obras de Andy Goldsworthy)


 Veu o tempo morno do Outono.

Os días son tardes longas...
O aire é unha cousa...
 
Caen as follas...
Sinto unha cousa
que se pousa en min e non me toca...

 Anda o vento ceibe polos eidos
con todas as ás soltas,
empreña os castiñeiros,
ripa as lousas dos teitos
e escachafoula nas portas.

Chove no monte e nas viñas.
 Chove pausiño prás sombras,
chove prá baixo e prá riba.
O aire de soño en soño,
a auga pinga que pinga.

(Uxío Novoneyra)