Amosando publicacións coa etiqueta Autismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autismo. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de novembro de 2025

"EL VIAJE JUNTOS" DE PAUL Y JUDY KARASIK

 


Esta obra presenta un retrato familiar dun neno autista, entrelazando as vivencias e sentires dende os roles das voces de pai e nai,irmáns etc, a través dun relato narrativo e en formato cómic.

sábado, 22 de marzo de 2025

"LA RAZÓN POR LA QUE SALTO" DE NAOKI HIGASHIDA.

 

Este libro está escrito por un neno de 13 anos . En cada capítulo intenta responder ás cuestións que escoita e non pode responder oralmente sobre o autismo, dende as súas vivencias: Preferides estar sós? Por que alineades os vosos coches de xoguete e pezas de construción? Por que repetides determinadas accións unha e outra vez?.

sábado, 15 de marzo de 2025

"LILA, LA PEQUEÑA LIBÉLULA" DE DAVID GÓMEZ E CAROLINA LUZÓN.

 




Dun xeito metafórico voando con  Lila podemos coñecer algunhas características do xeito de pensar e sentir dalgunhas persoas autistas. Cada persoa é única e ten o seu propio retrato.


sábado, 15 de febreiro de 2025

"¡ SOY LA PERA!. EL AUTISMO CONTADO A LOS NIÑOS" DE PAU BRUNET.

 


Pau Brunet, en primeira persoa, fala de como é o seu día a día. Un neno autista e activista que busca a través da metáfora das froitas achegarnos a súa mirada do mundo que lle rodea e que lle habita.





                                                                                                                                       (Botero)

domingo, 12 de xaneiro de 2025

"BET Y EL TEA" DE ANNA GUSÓ E JOANA BRUNA.





Bet salta, corre, chora, debuxa, ...As súas autoras falan das voltas e reviravolas dunha nena autista no seu día a día, nas súas tardes e noites.


 






venres, 10 de xaneiro de 2025

"MARÍA E MÁIS EU " E "MARÍA CUMPLE 20 AÑOS" DE MIGUEL E MARÍA GALLARDO




"María e máis eu" é unha obra gráfica onde se retrata a relación dun pai e unha filla autista onde os debuxos e o afecto son a base da súa comunicación. A través de imaxes claras e sintéticas constrúese este relato visual de empatía e sensibilidade.
"María cumple 20 años". Miguel Gallardo segue moldeando o tempo a través da tinta dos seus debuxos que fala de como María foi medrando e como sinte o mundo que observa e que a observa. Podemos coñecer a María a través da pantalla neste documental.






domingo, 15 de decembro de 2024

"TONO" DE ANDRÉ NEVE.

 

"Tono" de André Neve, é un album ilustrado escrito dende os interrogantes dun irmán que nos invita a achegarnos a distintas cuestións relacionadas co autismo e a vida, co sentir e o ser.






(Eleonora Carrington)


domingo, 8 de decembro de 2024

"HUGO. SER DIFERENTES FAINOS GRANDES" de NÁUFRAGOS TEATRO.

 Dende un escenario Náufragos Teatro, da man de Hugo e Laia, invítanos a viaxar en avión e as cores das flores, pola beleza da diferenza dende unha mirada de sensibilización do autismo. Ser diferentes, ser plurais, fainos medrar na grandeza de quen voa sentindo a liberdade de ser un/a mesmo/a.




sábado, 7 de decembro de 2024

STEPHEN WILTSHIRE, DEBUXOS FOTOGRÁFICOS MILIMÉTRICOS.

Stephen Wiltshire debuxa paisaxes a partir dunha visualización fotográfica na que capta milimetricamente cada detalle. A súa man é movida dende a memoria. Aprendeu a falar ós nove anos, ata entón comunicábase a través do debuxo.








venres, 6 de decembro de 2024

"DESDE TUS OJOS" DE M.MARKUSEN.

 

"Desde tus ojos". M.Markusen é o pai dun neno autista. Nestas páxinas fainos chegar o seu sentir dende o rol dun acompañante que se formula centos de preguntas supèrpostas. Cuestións para as que busca respostas moitas veces en camiños laberínticos.




Margaret Keane.

sábado, 30 de novembro de 2024

¨NEURODIVINA Y PUNTO¨ DE SARA CODINA.

 

"Neurodivina y punto. 40 años siendo autista y yo sin saberlo" de Sara Codina, ofrécenos unha testemuña en primeira persoa das súas vivencias como persoa que non foi diagnóstica ata unha idade adulta. No seu blogue podemos coñecer a súa faceta como activista, achegándonos distintas cuestións relacionadas co autismo.

(Gabriele Münter) 

domingo, 17 de novembro de 2024

TEMPLE GRADIN. INVENTORA DA MÁQUINA DAS APERTAS.

Temple Grandin é unha muller autista que inventou a chamada "máquina das apertas". A través do seu libro e da película podemos coñecer distintas facetas da súa vida e do  legado como activista, zoologa, etóloga e profesora de universidade. A diversidade de procesamento de información, neste caso a través de imaxes, abre as portas a ser coñecedores/as e sensibles coa paleta de como as persoas  podemos sentir o mundo que nos rodea de diversos xeitos, con linguaxes propias.






Obras de apertas de K. Haring.



domingo, 10 de novembro de 2024

A NENA DO VESTIDO DE FLORES de Manuel Fontemoura.

 


"A nena do vestido de flores" é a historia dunha rapaza chamada Dania Vitoria. Unha  nena autista que pinta universos no seu día a día cas cores das flores.


(Obra da artista galega María Antonia Dans)