Temple Grandin é unha muller autista que inventou a chamada "máquina das apertas". A través do seu libro e da película podemos coñecer distintas facetas da súa vida e do legado como activista, zoologa, etóloga e profesora de universidade. A diversidade de procesamento de información, neste caso a través de imaxes, abre as portas a ser coñecedores/as e sensibles coa paleta de como as persoas podemos sentir o mundo que nos rodea de diversos xeitos, con linguaxes propias.





