Amosando publicacións coa etiqueta migración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta migración. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de outubro de 2025

PAN CON CHOCOLATE POLA PAZ, PAN CON CHOCOLATE POLOS DEREITOS DA INFANCIA.



Este texto de Paula Carballeira, destila sensibilidade  que lame  feridas en días, semanas, meses, anos de pólvora, o pan con chocolate é infancia, son os seus dereitos:

“Guerra é unha palabra cruel, e as palabras crueis nunca se deixan escribir con faltas de ortografía...

No outro bando, se é que as palabras teñen bandos, hai tamén palabras xenerosas que poucas persoas escriben mal, como paz ou pan, sen ir máis lonxe.

Ás veces, as palabras xenerosas confúndense entre elas, pero sempre nos levan a milleiros de historias diferentes, todas con finais felices, todas con varios finais.

As palabras crueis poucas veces se confunden entre elas e só levan a un final, un final que nunca é feliz.

Cada palabra ten unha familia que a acolle, sexa como sexa.

A familia da palabra guerra é absurda.”

"Pan con chocolate. A merenda de Gianni "(Xerais, 2021) de Paula Carballeira.

sábado, 4 de outubro de 2025

NÓS TAMÉN IMOS A GAZA!. POESÍA POLA PAZ E TONUCCI.

 

No bico unha estrela;

na estrela, un cantar;

no cantar, uns beizos;

nos beizos, o mar.


No mar dos teus ollos,

uns ollos de sal;

no sal, os menceres;

menceres de paz.


(Antonio García Teijeiro)


domingo, 15 de xuño de 2025

"MIGRANTES" DE ISSA WATANABE.

 


Cando o silencio fala. Cando o silencio berra. Cando o silencio non precisa de palabras para relatar historias de vida en busca de horizontes incertos.