martes, 7 de outubro de 2025

PAN CON CHOCOLATE POLA PAZ, PAN CON CHOCOLATE POLOS DEREITOS DA INFANCIA.



Este texto de Paula Carballeira, destila sensibilidade  que lame  feridas en días, semanas, meses, anos de pólvora, o pan con chocolate é infancia, son os seus dereitos:

“Guerra é unha palabra cruel, e as palabras crueis nunca se deixan escribir con faltas de ortografía...

No outro bando, se é que as palabras teñen bandos, hai tamén palabras xenerosas que poucas persoas escriben mal, como paz ou pan, sen ir máis lonxe.

Ás veces, as palabras xenerosas confúndense entre elas, pero sempre nos levan a milleiros de historias diferentes, todas con finais felices, todas con varios finais.

As palabras crueis poucas veces se confunden entre elas e só levan a un final, un final que nunca é feliz.

Cada palabra ten unha familia que a acolle, sexa como sexa.

A familia da palabra guerra é absurda.”

"Pan con chocolate. A merenda de Gianni "(Xerais, 2021) de Paula Carballeira.