Amosando publicacións coa etiqueta sensibilidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sensibilidade. Amosar todas as publicacións

domingo, 31 de maio de 2026

"DIENTES DE LEÓN" de Jang-Sung Kim-Hyun-Gyung on.


 Dende a sinxeleza dun dente de león á complexidade de falar da esencia do ser e do estar, o que nos caracteriza e subliña a riqueza da pluralidade.





domingo, 22 de marzo de 2026

"COSAS QUE VIENEN Y VAN" de BEATRICE ALEMAGNA.

 


A poética do cambio, da perda, da permanencia e da transformación. Follas translucidas, como telóns de néboa que anuncian puntos finais, seguidos, suspensivos...espellos do medrar.







sábado, 21 de febreiro de 2026

"GRANDE E PEQUENA" de ARIANNA SQUILLONI E RAQUEL CATALINA

 


O título antitético deste album ilustrado sintetiza a historia dunha muller de mulleres. A presenza da natureza como fonte de inspiración e aspiración é unha constante. Esta muller vive nas orellas de quen desexa escoitala.







sábado, 31 de xaneiro de 2026

"LABIRINTO" de RAMÓN TRIGO.

 



A obra monocroma dun artista mudará trala  viaxe dun artista polas peles de cores das paisaxes do latexar de África.







domingo, 25 de xaneiro de 2026

"GLACIARES" DE SEBASTIAO SALGADO.

 

A beleza, sensibilidade ecolóxica e falar con imaxes frías con fotografías de distintos puntos xeográficos.




domingo, 18 de xaneiro de 2026

"JUUL" de GREGIE DE MAEYER e KOEN VANMECHELEN.

 


Relato dun neno que vai desfacéndose das partes do seu corpo a medida que son obxecto de burlas. Está inspirado nunha historia real dun neno que se suicidou con 13 anos.

VIDEO PRESENTACIÓN

sábado, 10 de xaneiro de 2026

CONTOS SOBRE OS SENTIMENTOS de TINA OZIEWICZ e ALEKSANDRA ZAJAC.

 ¿QUE LES GUSTA A LOS SENTIMIENTOS? HISTORIAS QUE VIVEN DENTRO DE NOSOTROS.


¿QUE HACEN LOS SENTIMIENTOS? (CUANDO NADIE LOS MIRA).


¿QUE HACEN LOS SENTIMIENTOS POR LA NOCHE?




venres, 12 de decembro de 2025

" MI VECINO PACO" DE IGNACIO SANZ E EVA POYATO.

 


Probablemente todos e todas teñamos un veciño coma Paco. A través de relatos rimados fala da súa vida. Aventuras e desventuras cheas de nostalxia que invitan a unha viaxe sen peaxes de idades.







sábado, 6 de decembro de 2025

"PONTE EN MI LUGAR" DE SUSANNA ISERN

 


Cen zapatos, lunar da xoaniña, ...un conto onde a EMPATÍA non forma parte do diccionario vital do grilo.






venres, 5 de decembro de 2025

" DONDE LLEVAN LOS SUEÑOS" DE ELENA FERRÁNDIZ.

 


Soños encadeados ao soprar un dente de león: unha pedra que soñou ser unha formiga, unha formiga que soñou ser un peixe...Unhas ilustracións oníricas cheas de desexos dos que non sabemos maxicamente onde van ser sementes do medrar.









sábado, 29 de novembro de 2025

"NUBES EN LA CABEZA" DE ELENA VAL. POEMA SOBRE OS AVÓS E AVOAS DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ.


 Avoas con nubes na cabeza. Nubes como pensamentos que voan a mundos que non sabemos que existen ata  que petan nas nosas mentes.

Ilustracións que moldean as formas destas nubes tipograficamente coas letras do alzheimer.

Mira os avós.

Antes eran máis grandes,

máis altos,

máis anchos...

pero devecen coma as follas sen zume.


Aseguran que o tempo é o único culpable,

un furtivo que chega cos dentes afiados

a cravárselles no rostro

mentres dormen

mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns

ou xogan coma nenos.


A miúdo falan de vidas que pasaron

e argallan historias,

ao quentaren as mans

sobre a seda dos lumes.


Os avós envellecen devagar,

pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,

porque gardan

o segredo do futuro,

máis alá dos seus ollos pequenos.

 

(Ana MªFernández)

domingo, 23 de novembro de 2025

"HOY NO JUEGAS" DE PILAR SERRANO CANIZALES.

 


Como nos sentimos cando non nos deixan xogar? Como nos sentimos cando somos marionetas de xogos que realmente non nos agradan? Temos ferramentas para saber dicir que "non"? Patio, parques,etc son escenarios de situacións onde as asimetrías das relacións poden estar presentes convertíndose en toxicidade e moita dor.

domingo, 9 de novembro de 2025

OUTONO DE MANUEL MARÍA.


(Josep Guinovart)

 Veleiquí, Outono, grande e puro,

vestindo ao mundo de dourado,

con saibo a mosto fermentado,

a mazá, a sal, a grao maduro.

Veleiquí Outono, nel procuro

o rumor do vento namorado,

o laio do mar ben concertado

e o claro misterio máis escuro.

Veleiquí Outono, fosco e ledo,

con brasas secretas, soedosas,

acesas nas brétemas do medo.


(Manuel María)