venres, 10 de xaneiro de 2025

"MARÍA E MÁIS EU " E "MARÍA CUMPLE 20 AÑOS" DE MIGUEL E MARÍA GALLARDO




"María e máis eu" é unha obra gráfica onde se retrata a relación dun pai e unha filla autista onde os debuxos e o afecto son a base da súa comunicación. A través de imaxes claras e sintéticas constrúese este relato visual de empatía e sensibilidade.
"María cumple 20 años". Miguel Gallardo segue moldeando o tempo a través da tinta dos seus debuxos que fala de como María foi medrando e como sinte o mundo que observa e que a observa. Podemos coñecer a María a través da pantalla neste documental.