martes, 25 de novembro de 2025

PAULINA SILVA CHALA e POEMA DE ÁLVARO CUNQUEIRO.

 



Polos teus ollos quen pasóu, amiga,
deixóu unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Deixóu de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasóu, amada.
Nos ollos teus.

Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.

(Álvaro Cunqueiro)