A silueta da sombra da nosa propia mirada adéntrase nunhas ilustracións cheas de movemento lentos e acelerados superpostos. Ábrense e péchanse ángulos, a luz marmura ás agachadas.
Manuel Rivas invita a través do seu epílogo a facer conexións que xogan cas chaves da luz en paredes que proxectan danzas de sombras.
