"Neurodivina y punto. 40 años siendo autista y yo sin saberlo" de Sara Codina, ofrécenos unha testemuña en primeira persoa das súas vivencias como persoa que non foi diagnóstica ata unha idade adulta. No seu blogue podemos coñecer a súa faceta como activista, achegándonos distintas cuestións relacionadas co autismo.
Caderno de ideas do Departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe de Frións (Ribeira): Pareidolias como formas insospeitadas que atopamos nas nosas vidas tendo o dereito a sentilas dun xeito único e persoal.A DIVERSIDADE a través de distintas manifestacións artísticas.
sábado, 30 de novembro de 2024
domingo, 24 de novembro de 2024
"BECHO PELOTA" DE OLGA DIOS.
Olga Dios escribe este contiño dun BECHO onde a personaxe vai debuxando a súa propia identidade a través dos seus sentires, vivencias e decisións.

(Maruja Mallo)
"8 SEÑALES. GESTIÓN DE VIDA O MUERTE". Noelia Míguez e Patricia Calveiro. 25N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
Este libro relata unha historia real, onde a violencia machista guionizou a vida dunha rapaza galega, que podería ser a nosa veciña, a nosa irmá, a nosa amiga, a nosa compañeira, a nosa actriz favorita, a condutora do autobús, a carteira...poderiamos ser calquera de nós porque a violencia pode entrar nas nosas vidas sen petar.
LITA CABELLUT: NARRATIVAS RETRATADAS.
Lita Cabellut, é unha artista que plasma nos seus lenzos narrativas a través de rostros que retratan vidas vividas e desvividas.
A artista manifesta: "Cada cadro que pinto contén unha pequena historia, cada trazo, unha frase. E unha sílaba cada pincelada".
domingo, 17 de novembro de 2024
¨VIAJE AL PAIS DE LOS BLANCOS¨ DE OUSMAN UMAR.

MÁSCARAS DE PASCAL-DÉSIR MAISONNEUVE .PAREIDOLIAS CON AREAS.
As máscaras do artista Pascal-Désir Maisonneuve foron descubertas polo escritor André Bretón nun mercadillo de París. As coleccións de conchas son tesouros conectados estreitamente coa infancia. Posteriormente Jean Dubuffet incluíu a obra Pascal no museo suizo de Arte Marxinal. Estas máscaras de coleccións mariñas son pareidolias de tantas lecturas acertadas ou erradas de expresións faciais, como ollos que peitean as súas areas coas pestanas.
TEMPLE GRADIN. INVENTORA DA MÁQUINA DAS APERTAS.
Temple Grandin é unha muller autista que inventou a chamada "máquina das apertas". A través do seu libro e da película podemos coñecer distintas facetas da súa vida e do legado como activista, zoologa, etóloga e profesora de universidade. A diversidade de procesamento de información, neste caso a través de imaxes, abre as portas a ser coñecedores/as e sensibles coa paleta de como as persoas podemos sentir o mundo que nos rodea de diversos xeitos, con linguaxes propias.
domingo, 10 de novembro de 2024
I´M OBELIX de Raquel Fernández Fernández.
Nun escenario adolescente, Isma, un rapaz de 13 anos cunha diagnose de TDAH, comparte as súas inquedanzas, soños, pensamentos, reflexións, etc, que van construíndo e reconstruíndo o seu día a día nun Instituto de Secundaria. Rochas que van sendo esculpidas polo salitre dos mares e das mareas.
PAREIDOLIAS NA OBRA DO ARTISTA UCRANIANO OLEG SHUPLYAK .

A NENA DO VESTIDO DE FLORES de Manuel Fontemoura.
(Obra da artista galega María Antonia Dans)
M.R. LORTET: TECELÁ DAS MARXES.
RETRATOS DE INFANCIA. A DIVERSIDADE A TRAVÉS DE RELATOS FOTOGRÁFICOS.










































