M.R Lortet é unha artista francesa que se expresa a través dos fíos de cores. Son obras sen patronaxe que conectan coa súa infancia debuxando retratos con voz propia. A diversidade nas súas creacións é unha pegada de identidade. É un icono femenino da chamada Arte Marxinal (Art Brut).




