domingo, 10 de novembro de 2024

RETRATOS DE INFANCIA. A DIVERSIDADE A TRAVÉS DE RELATOS FOTOGRÁFICOS.

 


Abrimos a porta do noso caderno de ideas do Departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe de Frións, con este libro de Sebastiâo Salgado, fotógrafo brasileiro. Retratos de infancia nunha versión trilingüe que recolle a profundidade das  olladas de nenos e nenas. Olladas que moldearán as formas das nubes coas PAREIDOLIAS das súas mochilas de vida.