venres, 13 de decembro de 2024

"GISELA DE CRISTAL" DE BEATRICE ALEMANGA

 

"Gisela de cristal" é un album ilustrado que nos presenta a Gisela, unha nena que naceu transparente. As persoas do seu entorno poden saber o que pensa e sinte en cada momento. Unha historia que se narra dende a fraxilidade do cristal e da dor de intentar encaixar a diferenza.


domingo, 8 de decembro de 2024

" O CROCODILO O QUE NON LLE GUSTABA A AUGA" DE GEMMA MERINO.


 A todos/as nos teñen que gustar as mesmas cousas? Podemos decidir sobre os nosos tempos e espazos favoritos? Quen constrúe a nosa identidade?



(Maruja Mallo)


"HUGO. SER DIFERENTES FAINOS GRANDES" de NÁUFRAGOS TEATRO.

 Dende un escenario Náufragos Teatro, da man de Hugo e Laia, invítanos a viaxar en avión e as cores das flores, pola beleza da diferenza dende unha mirada de sensibilización do autismo. Ser diferentes, ser plurais, fainos medrar na grandeza de quen voa sentindo a liberdade de ser un/a mesmo/a.




sábado, 7 de decembro de 2024

" Un can" de Hematocrítico.


 Quen decide o que somos? Hematocrítico e Alberto Vázquez tecen unha reflexión sobre a identidade a través deste contiño dun can chamado Moncho. Que é ser un can?


(Maruja Mallo)

STEPHEN WILTSHIRE, DEBUXOS FOTOGRÁFICOS MILIMÉTRICOS.

Stephen Wiltshire debuxa paisaxes a partir dunha visualización fotográfica na que capta milimetricamente cada detalle. A súa man é movida dende a memoria. Aprendeu a falar ós nove anos, ata entón comunicábase a través do debuxo.








venres, 6 de decembro de 2024

LIBROS -TELLADO: "NOITES CONFINADAS" DE CHEMA MESÍAS, ILDUARA PENAS E DAVID CATÁ.

 

"Noites confinadas" é un album ilustrado que invita a ser leido en cabanas de mantas.É un libro-tellado. Album ilustrado que aposta pola cátedra de quen sinte a literatura e a arte como refuxio da reflexión e da transformación. Os libros-tellado son espazos de recollemento para vivir, volver a vivir e seguir vivindo.

"DESDE TUS OJOS" DE M.MARKUSEN.

 

"Desde tus ojos". M.Markusen é o pai dun neno autista. Nestas páxinas fainos chegar o seu sentir dende o rol dun acompañante que se formula centos de preguntas supèrpostas. Cuestións para as que busca respostas moitas veces en camiños laberínticos.




Margaret Keane.

¨MI PIE IZQUIERDO¨. O ARTISTA CHRISTY BROWN.

 


Christy Brown é un artista irlandés con parálise cerebral dende o seu nacemento. Podemos coñecer o seu relato de vida a través da  súa obra autobiográfica e da película versionada por Daniel Day Lewis.








domingo, 1 de decembro de 2024

GERVASIO SÁNCHEZ: INFANCIAS MINADAS.

 A través das fototografías de Gervasio Sánchez adentrámonos en escenarios bélicos onde as vidas dos nenos e das nenas escríbense con tinta da barbarie. Son imaxes para reflexionar e enmarcar nas listaxes de desexos de puntos finais.








"NI GUAU NI MIAU" DE BLANCA LACASA E GÓMEZ.


Quen nos ensina a autocoñecernos? Quen nos fala de aceptar a individualidade e a diferenza? Que espellos nos obrigan a maquillarnos cada día? A través deste relato podemos convertir o "guau" do falar dun can por un "guau"como oda á tolerancia e a necesidade de non sentir mil ollos cravados nas nosas costas cando tan só queremos ser quen somos.