"Gisela de cristal" é un album ilustrado que nos presenta a Gisela, unha nena que naceu transparente. As persoas do seu entorno poden saber o que pensa e sinte en cada momento. Unha historia que se narra dende a fraxilidade do cristal e da dor de intentar encaixar a diferenza.

