domingo, 1 de decembro de 2024

"NI GUAU NI MIAU" DE BLANCA LACASA E GÓMEZ.


Quen nos ensina a autocoñecernos? Quen nos fala de aceptar a individualidade e a diferenza? Que espellos nos obrigan a maquillarnos cada día? A través deste relato podemos convertir o "guau" do falar dun can por un "guau"como oda á tolerancia e a necesidade de non sentir mil ollos cravados nas nosas costas cando tan só queremos ser quen somos.