sábado, 28 de febreiro de 2026

"ESPERANDO O AMENCER" de FABIOLA ANCHORENA

 

No falar dos animais amorriñan a lúa, as pingas da chuvia...os incendios queiman e devoran a vida.







sábado, 21 de febreiro de 2026

"GRANDE E PEQUENA" de ARIANNA SQUILLONI E RAQUEL CATALINA

 


O título antitético deste album ilustrado sintetiza a historia dunha muller de mulleres. A presenza da natureza como fonte de inspiración e aspiración é unha constante. Esta muller vive nas orellas de quen desexa escoitala.







sábado, 14 de febreiro de 2026

" SOÑO DUNHA SOMBRA" de XOSÉ COBAS.



 


A silueta da sombra da nosa propia mirada adéntrase nunhas ilustracións cheas de movemento lentos e acelerados superpostos. Ábrense e péchanse ángulos, a luz marmura ás agachadas. 

Manuel Rivas invita a través do seu epílogo a facer conexións  que xogan cas chaves da luz en paredes que proxectan danzas de sombras.

sábado, 31 de xaneiro de 2026

"LABIRINTO" de RAMÓN TRIGO.

 



A obra monocroma dun artista mudará trala  viaxe dun artista polas peles de cores das paisaxes do latexar de África.







domingo, 25 de xaneiro de 2026

"GLACIARES" DE SEBASTIAO SALGADO.

 

A beleza, sensibilidade ecolóxica e falar con imaxes frías con fotografías de distintos puntos xeográficos.




domingo, 18 de xaneiro de 2026

"JUUL" de GREGIE DE MAEYER e KOEN VANMECHELEN.

 


Relato dun neno que vai desfacéndose das partes do seu corpo a medida que son obxecto de burlas. Está inspirado nunha historia real dun neno que se suicidou con 13 anos.

VIDEO PRESENTACIÓN

sábado, 10 de xaneiro de 2026

CONTOS SOBRE OS SENTIMENTOS de TINA OZIEWICZ e ALEKSANDRA ZAJAC.

 ¿QUE LES GUSTA A LOS SENTIMIENTOS? HISTORIAS QUE VIVEN DENTRO DE NOSOTROS.


¿QUE HACEN LOS SENTIMIENTOS? (CUANDO NADIE LOS MIRA).


¿QUE HACEN LOS SENTIMIENTOS POR LA NOCHE?