luns, 24 de novembro de 2025

25 N: SEREAS DESPEITEADAS.

 


(Maruja Mallo)

Mereces un amor que te queira despeiteada.


Mereces un amor que te queira despeiteada,

incluso coas razóns que te levantan depresa

e con todo e os demos que non te deixan durmir.

Mereces un amor que te faga sentir segura,

que poida comer o mundo se camiña da túa man,

que sinta que as túas apertas van perfectas coa túa pel.

Mereces un amor que queira bailar contigo,

que visite o paraíso cada vez que ve os teus ollos

e que non se aburra nunca de ler as túas expresións.

Mereces un amor que te escoite cando cantas, 

que te apoie nos teus ridículos,

que respecte que es libre,

que te acompañe no teu voo,

que non lle asuste caer.

Mereces un amor que leve as mentiras,

que che traia a ilusión,

o café 

e a poesía.


  • Frida Khalo/Estefanía Mitre-


domingo, 23 de novembro de 2025

"BANDADA DE NUBES DE IRMA BORGES E MO GUTIÉRREZ SERNA.


 A poesía e as nubes danse a man para pintar nos ceos versos cheos de formas e rimas.





"HOY NO JUEGAS" DE PILAR SERRANO CANIZALES.

 


Como nos sentimos cando non nos deixan xogar? Como nos sentimos cando somos marionetas de xogos que realmente non nos agradan? Temos ferramentas para saber dicir que "non"? Patio, parques,etc son escenarios de situacións onde as asimetrías das relacións poden estar presentes convertíndose en toxicidade e moita dor.

domingo, 16 de novembro de 2025

POESÍA DE FOLLAS DE OUTONO.


(Josep Guinovart)

 Vén onda nós o outono

dacabalo do aire;

nos camiños da fraga

os ourizos xa abren.

Síntoo chegar contento

da eterna viaxe

enredando entre as follas,

estreando friaxe.

(Ana María Fernández)

sábado, 15 de novembro de 2025

"EL BARRIO DE COLORES" DE MAR HONTANGAS.


 A través de diferentes poemas imos petando nas portas de casas  deste barrio, onde os versos falan de diferentes familias cheas de cores e matices.

 

domingo, 9 de novembro de 2025

OUTONO DE MANUEL MARÍA.


(Josep Guinovart)

 Veleiquí, Outono, grande e puro,

vestindo ao mundo de dourado,

con saibo a mosto fermentado,

a mazá, a sal, a grao maduro.

Veleiquí Outono, nel procuro

o rumor do vento namorado,

o laio do mar ben concertado

e o claro misterio máis escuro.

Veleiquí Outono, fosco e ledo,

con brasas secretas, soedosas,

acesas nas brétemas do medo.


(Manuel María)

sábado, 8 de novembro de 2025

IMPORTANCIA DA CONEXIÓN COA NATUREZA E DIVERSIDADE.






(Obras de Andy Goldsworthy)


 Veu o tempo morno do Outono.

Os días son tardes longas...
O aire é unha cousa...
 
Caen as follas...
Sinto unha cousa
que se pousa en min e non me toca...

 Anda o vento ceibe polos eidos
con todas as ás soltas,
empreña os castiñeiros,
ripa as lousas dos teitos
e escachafoula nas portas.

Chove no monte e nas viñas.
 Chove pausiño prás sombras,
chove prá baixo e prá riba.
O aire de soño en soño,
a auga pinga que pinga.

(Uxío Novoneyra)

"EL VIAJE JUNTOS" DE PAUL Y JUDY KARASIK

 


Esta obra presenta un retrato familiar dun neno autista, entrelazando as vivencias e sentires dende os roles das voces de pai e nai,irmáns etc, a través dun relato narrativo e en formato cómic.

AMAIA ARRAZOLA: MULLERES NA ILUSTRACIÓN, MULLERES ILUSTRADAS.

 


Diario visual de Amaia Arrazola. Un mes en Xapón. Ata sempre!