Caderno de ideas do Departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe de Frións (Ribeira): Pareidolias como formas insospeitadas que atopamos nas nosas vidas tendo o dereito a sentilas dun xeito único e persoal.A DIVERSIDADE a través de distintas manifestacións artísticas.
sábado, 25 de outubro de 2025
"ABECEDARIO A MANO" DE ISOL.
domingo, 19 de outubro de 2025
"SINFRONTERAS" DE IMAPLA.
"Sinfronteras", formato de libriño, que permite facer centos de combinacións a partir de bandeiras de 45 paises. Xogos visuais para encher e pintar o mundo de cores.
domingo, 12 de outubro de 2025
"CANDO NON SEI VOLVER" DE BALDO RAMOS& VISO.
(Obra de Antonio Lago Rivera)
"agora sinto o corpo como propio
e as palabras como alleas.
e polas noites levántase o vento
que transcribe o código segredo
do derradeiro voo"
Poema que medra e volve a nacer en cada páxina. Obra de Baldo Ramos & Viso para perderse e atoparse en cada verso.
sábado, 11 de outubro de 2025
martes, 7 de outubro de 2025
PAN CON CHOCOLATE POLA PAZ, PAN CON CHOCOLATE POLOS DEREITOS DA INFANCIA.
Este texto de Paula Carballeira, destila sensibilidade que lame feridas en días, semanas, meses, anos de pólvora, o pan con chocolate é infancia, son os seus dereitos:
“Guerra é unha palabra cruel, e as palabras crueis nunca se deixan escribir con faltas de ortografía...
No outro bando, se é que as palabras teñen bandos, hai tamén palabras xenerosas que poucas persoas escriben mal, como paz ou pan, sen ir máis lonxe.
Ás veces, as palabras xenerosas confúndense entre elas, pero sempre nos levan a milleiros de historias diferentes, todas con finais felices, todas con varios finais.
As palabras crueis poucas veces se confunden entre elas e só levan a un final, un final que nunca é feliz.
Cada palabra ten unha familia que a acolle, sexa como sexa.
A familia da palabra guerra é absurda.”
"Pan con chocolate. A merenda de Gianni "(Xerais, 2021) de Paula Carballeira.
sábado, 4 de outubro de 2025
NÓS TAMÉN IMOS A GAZA!. POESÍA POLA PAZ E TONUCCI.
No bico unha estrela;
na estrela, un cantar;
no cantar, uns beizos;
nos beizos, o mar.
No mar dos teus ollos,
uns ollos de sal;
no sal, os menceres;
menceres de paz.
(Antonio García Teijeiro)
"LA MUY CATASTRÓFICA VISITA AL ZOO" DE JOËL DICKER.
"La muy catastrófica visita al zoo" é o relato de aventuras e desventuras que comparte unha nena coa lupa dunha investigación para intentar averiguar o que pasou na súa escola. Feito que fixo que tiveran que mudarse de colexio, ela e os seus amigos.Tócanse teclas de temas como a diversidade funcional, a democracia, a sensibilidade ,etc. Unha obra para ler e reler.Unha obra para alumnado, profesorado, familias e cidadanía.





















