Ni Tanjung, artista de Indonesia, despois do falecemento da súa parella, enfermou, pechándose na súa habitación sen xanelas. A súa obra retrata sobre todo mulleres e antepasados. Ni Tanjung crea os seus teatriños persoais ensamblando figuras de papeis onde salientan os rostros de cores. Observa indirectamente as creacións a través dun espello. Son xogos de miradas que manteñen o latexo do seu corazón.




