sábado, 22 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. BIOPOEMAS DE ALBA DE EVAN, XABIER DOMÍNGUEZ E BEA GREGORES.

 


Nesta obra poemos atopar BIOPOEMAS da vida de Rosalía de Castro. Emigración e muller son un eco constante nas súas páxinas. Unha vida poetizada.

QUE PRACIAMENTE BRILAN!


 ¡Qué pracidamente brilan

o río, a fonte i o sol!

Cánto brilan..., mais non brilan

para min, non.


¡
Cál medran herbas e arbustos,

cál brota na árbor a frol!

Mais non medran nin frorecen

para min, non.


¡
Cál cantan os paxariños

enamoradas canciós!

Mais anque cantan, non cantan

para min, non.


¡
Cál a Natureza hermosa

sorrí a maio que a mimóu!

Mais para min non sorrí,

para min, non.


Si..., para todos un
pouco

de aire, de luz, de calor...

Mais si para todos hai,

para min, non.


¡E ben...!,
xa que aquí n'atopo

aire, luz, terra nin sol,

¿para min n'habrá unha tomba?

Para min, non. 

 

(Rosalía de Castro)



" O RABAÑO" DE MARGARITA DEL MAZO E GURIDI.

 


A Ovella nº4 non quere facer o mesmo que fan todas as ovellas: saltar nos soños das persoas unha noite tras outra. Decide que ela prefire facer outras cousas. Poderá ser ela mesma?






"QUERES COÑECERME? MIMI E A XIRAFA AZUL" DE CÉLICE E VISSECHER E MARÍA ELLA CARRERA.

 


Mimí vai ter un irmán. Mimí, comparte un xeito de sentir a diversidade funcional dende os ollos  dun irmán/a que desexa xogar con el e que sexa parte do seu grupo de amigos/as.



(Rothko)

"MAX, EL ARTISTA" DE MARION DENCHARS.

 


As patas de Max, son obxecto de burla. Distintos animais  rinse e Max remata diante do espello moi triste. Pensa que debe cambiar as súas patiñas para ser aceptado.







(Luis Seoane)

venres, 21 de febreiro de 2025

LOUIS WAIN: GATOS ANTROPOMÓRFICOS QUE SE TRANSFORMARON EN CALIDOSCÓPICOS.

 

                                  

Os gatos de Louis Wain, artista inglés, foron transformándose a medida que a depresión e esquizofrenia do autor gañaron terreo na súa vida.







"BOLOBO" DE NONO GRANERO.

 


Nano Granero  preséntanos un relato de vida dun mono que naceu sen brazos, onde xoga coas cores das ilustracións. O ilustrador mostra as conversas, reflexións, inquedanzas , etc, do pai e nai con debuxos en branco e negro. Cando asoma nas escenas Bolobo, aparecen cores que narran aventuras e desventuras.




(Frida Khalo)

"O GALO QUE PUXO UN OVO" DE INDY GARCÍA ACEDO E LAURA TOVA.


Este galo adopta un ovo. Un ovo que coida e mima, desafíando os roles de xénero ditados,  apostando pola diversidade dos retratos convencionais das familias.




 

sábado, 15 de febreiro de 2025

"TODOS MENOS UNO" DE ERIC BATTUT.


 Un chícharo fixo unha viaxe  de transformación  por distintas paisaxes que o foron dotándo de recursos para sentirse seguro de sí mesmo sen seguir patróns e sen neceside de ser un ser de molde.






"INDIANA EN LA ISLA DE ATRESIA" DE BLANCA DÍAZ MARTÍNEZ E PILAR JORGE MARTÍN.



 

Indiana, vai pintando ao longo das páxinas deste conto a paisaxe da Illa de Atresia, onde os topónimos fan referencia ás voltas e reviravoltas desta enfermidade, visibilizando deste xeito a súa existencia e a necesidade de acompañamento e arroupamento de quen ten esta doenza e das súas familias. Desexamos que o coñecemento sexa traducido en sensibilidade dende as idades máis temperás.



(Rob Gonsalves)

"¡ SOY LA PERA!. EL AUTISMO CONTADO A LOS NIÑOS" DE PAU BRUNET.

 


Pau Brunet, en primeira persoa, fala de como é o seu día a día. Un neno autista e activista que busca a través da metáfora das froitas achegarnos a súa mirada do mundo que lle rodea e que lle habita.





                                                                                                                                       (Botero)

venres, 14 de febreiro de 2025

"AHORA ME LLAMO LUISA" DE JESSICA WALTON E DOUGAL MACPHERSON.

 


Este relato podería ter un título cos nosos nomes. Falar co espello e sentir que o teu verdadeiro reflexo non é o mesmo que sae pola porta ao mundo exterior cada día é atoparse nun continuo labirinto.

domingo, 9 de febreiro de 2025

BENJAMÍN ARNEVAL: RADIOGRAFÍAS DO COTIÁ.

 


Benjamín Arneval (Francia) radiografía na súa obra obxectos, animais, situacións,etc ;mostrándonos o seu interior. Falaba coas súas propias visións e cos ecos que lle atormetaban. Atopou nas entrañas do cotiá un refuxio onde lamer os seus desacougos.




sábado, 8 de febreiro de 2025

"UN PUÑADO DE BOTONES" DE CARMEN PARETS LUQUE.


 Botóns grandes, pequenos, medianos. Botóns vermellos, azuis, verdes,negros,...tantas cores e formas como familias con albumes de fotos que retratan a diversidade. Carmen Parets fai unha guiño con olliños de botóns á riqueza de distintos xeitos de sentir a vida en familia.




NI TANJUNG: TEATRIÑOS PERSOAIS.

 

Ni Tanjung, artista de Indonesia, despois do falecemento da súa parella, enfermou, pechándose na súa habitación sen xanelas. A súa obra retrata sobre todo mulleres e antepasados. Ni Tanjung crea os seus teatriños persoais ensamblando figuras de papeis onde salientan os rostros de cores. Observa indirectamente as creacións a través dun espello. Son xogos de miradas que manteñen o latexo do seu corazón.