Caderno de ideas do Departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe de Frións (Ribeira): Pareidolias como formas insospeitadas que atopamos nas nosas vidas tendo o dereito a sentilas dun xeito único e persoal.A DIVERSIDADE a través de distintas manifestacións artísticas.
domingo, 19 de xaneiro de 2025
" POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA" DE JÉROME RUILIER.
Un cadrado pode xogar con círculos? Un cadrado pode facer as mesmas cousas que os círculos? Neste conto de "Por catro esquiniñas de nada" atopamos dun xeito metafórico o reto que temos como sociedade de abrir portas polas que poidamos transitar todos/as. Abrilas, non pechalas.
