venres, 31 de xaneiro de 2025

"TITIRITESA" DE XERARDO QUINTIÁ E MAURIZIO A.C QUARELLO.



Titiritesa é unha princesa que non quere casar con ningún príncipe. Escapa das garras refinadas de palacio. Quere ser libre e gozar do amor  sen candados. Un conto sobre a diversidade afectiva-sexual.




 

mércores, 29 de xaneiro de 2025

DIARIOS E VIÑETAS POLO DÍA DA PAZ DE ANA FRANK.


 Os diarios e as novelas gráficas poden ser unha porta onde petar polo seu formato para achegar feitos históricos dun xeito visual e dende a proximidade dos relatos en primeira persoa.








domingo, 26 de xaneiro de 2025

"O LIBRO DOS CUS" DE EVA MANZANO E EMILIO URBERUAGA.




Cus de cores, de formas, de tamaños...cus do mundo!




(Botero)

MONET E A SÚAS "CASCADAS DIFUMINADAS-CATARATAS"

 


A enfermidade e doenzas relacionadas coa vista de Monet foron moldeando as súas pinceladas e percepción das cores. Son obras que falan do paso do tempo vivido dende o incorfomismo da busca incansable nos seus lenzos e das cascadas crómáticas difuminadas por cataratas.



domingo, 19 de xaneiro de 2025

" POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA" DE JÉROME RUILIER.


 Un cadrado pode xogar con círculos? Un cadrado pode facer as mesmas cousas que os círculos? Neste conto de "Por catro esquiniñas de nada" atopamos dun xeito metafórico o reto  que temos como sociedade  de abrir portas polas que poidamos transitar todos/as. Abrilas, non pechalas.

XANELAS DE MATISSE, CORTINAS DE RETAIS.












Tras unha operación de cancro Matisse conviviu con secuelas ( motóricas, febres,etc) que lonxe de apagar as súas creacións foron transformándose noutro xeito revitalizado de sentir a vida. As xanelas, paisaxes intermedias adoradas polo artista, foron aloumiñadas con cortinas de retais. Collages pintados con tixeiras.




















xoves, 16 de xaneiro de 2025

"LA NIÑA QUE CAMINABA ENTRE AROMAS" DE ARIEL ANDRÉS ALMADA E SONJA WIMMER.

 


Ana é unha nena que naceu cega. Camiñando polas páxinas deste album invítanos a coñecer o mundo que lle rodea a través de sons, de aromas, de sensacións cheas de evocacións e vivencias.






domingo, 12 de xaneiro de 2025

"BET Y EL TEA" DE ANNA GUSÓ E JOANA BRUNA.





Bet salta, corre, chora, debuxa, ...As súas autoras falan das voltas e reviravolas dunha nena autista no seu día a día, nas súas tardes e noites.


 






"O MEU BALEIRO" DE MARCOS VISO.


 Poden encherse os baleiros? Os baleiros medran? . A través do trazo Marcos Viso este album ilustrado poetiza os baleiros que a vida nos vai debuxando.






(Lucio Fontana)

sábado, 11 de xaneiro de 2025

" O MEU CORPO" DE IVANKE Y MEY.


 Todos os corpos son distintos. Todos os ollos son distintos. Todas as bocas son distintas. Todas as orellas son distintas. Somos persoas, non somos robots. Autocoñecernos non só é nomear as partes do corpo, é saber que afortunadamente non existen moldes de persoas. É querernos dende a beleza da diferenza.

"NO" DE PAULA CARBONELL E ISIDRO FERRER.

 










Un contexto de guerra. Un escenario de infancias roubadas. Un xogo ás agachadas onde o silencio berra "NON".