xoves, 19 de decembro de 2024

"O GRANXEIRO E O VETERINARIO" DE PIM LAMMERS E MILJA PRAAGMAN.

 


Unha historia de amor entre un granxeiro e un veterinario tendo como celestinos ós animais que coidan.Unha historia de amor con corazóns que suspiran polo sentir.






(Franz Marc)

"O AÑO QUE É UN PORQUIÑO" DE PIM LAMMERS E MILJA PRAAGMAN.


 Un año xogando no barro manchando a súa branca lá? Isto é posible? Un contiño para falar de identidade e xeitos de sentir a vida sen aduanas.



(Franz Marc)

domingo, 15 de decembro de 2024

"UN MILAGRO PARA HELEN" DE ANA JUAN. ALBUM ILUSTRADO INSPIRADO EN HELLEN KELLER E ANA SULLIVAN.

 Ana Juan con un lirismo infinito agasállanos cun album ilustrado sobre a vida Helen Keller, subliñando o papel de acompañante de Ana Sullivan. Hellen Keller foi unha persoa cega e xorda dende nena.  Aprendeu a escribir e a ler e foi quen de plasmar a súa vida nunha autobiografía. Arthur Penn adaptou os guións da obra de teatro de William Gibson, levando á pantalla a película de "El milagro de Ana Sullivan". Tamén foi tema de inspiración de varias esculturas.







(Teatro)



(Massachusetts de Mico Kaufman )



"TONO" DE ANDRÉ NEVE.

 

"Tono" de André Neve, é un album ilustrado escrito dende os interrogantes dun irmán que nos invita a achegarnos a distintas cuestións relacionadas co autismo e a vida, co sentir e o ser.






(Eleonora Carrington)


sábado, 14 de decembro de 2024

"INVISIBLE" DE ELOY MORENO.

 

"Invisible" é unha historia na que involuntariamente poderiamos ser calquera o/a seu/a protagonista.  Unha obra para ser leída e conversada, reflexionando sobre todos os papeis de responsabilidades no guión dun relato de acoso: as persoas que calan, as que rin, as que disimulan, as que choran, as que non saber que facer, as persoas que desexan ser visiblemente invisibles.


(Magritte)


" O TEU CORPO É TEU" DE LUCÍA SERRANO.


 "O teu corpo é teu" de Lucía Serrano ofrecenos unha porta para falar dos nosos corpos cos/as máis pequenos/as, dos límites, prevención, situacións non desexadas, etc.








(Karel Appel)

venres, 13 de decembro de 2024

"GISELA DE CRISTAL" DE BEATRICE ALEMANGA

 

"Gisela de cristal" é un album ilustrado que nos presenta a Gisela, unha nena que naceu transparente. As persoas do seu entorno poden saber o que pensa e sinte en cada momento. Unha historia que se narra dende a fraxilidade do cristal e da dor de intentar encaixar a diferenza.


domingo, 8 de decembro de 2024

" O CROCODILO O QUE NON LLE GUSTABA A AUGA" DE GEMMA MERINO.


 A todos/as nos teñen que gustar as mesmas cousas? Podemos decidir sobre os nosos tempos e espazos favoritos? Quen constrúe a nosa identidade?



(Maruja Mallo)


"HUGO. SER DIFERENTES FAINOS GRANDES" de NÁUFRAGOS TEATRO.

 Dende un escenario Náufragos Teatro, da man de Hugo e Laia, invítanos a viaxar en avión e as cores das flores, pola beleza da diferenza dende unha mirada de sensibilización do autismo. Ser diferentes, ser plurais, fainos medrar na grandeza de quen voa sentindo a liberdade de ser un/a mesmo/a.




sábado, 7 de decembro de 2024

" Un can" de Hematocrítico.


 Quen decide o que somos? Hematocrítico e Alberto Vázquez tecen unha reflexión sobre a identidade a través deste contiño dun can chamado Moncho. Que é ser un can?


(Maruja Mallo)

STEPHEN WILTSHIRE, DEBUXOS FOTOGRÁFICOS MILIMÉTRICOS.

Stephen Wiltshire debuxa paisaxes a partir dunha visualización fotográfica na que capta milimetricamente cada detalle. A súa man é movida dende a memoria. Aprendeu a falar ós nove anos, ata entón comunicábase a través do debuxo.








venres, 6 de decembro de 2024

LIBROS -TELLADO: "NOITES CONFINADAS" DE CHEMA MESÍAS, ILDUARA PENAS E DAVID CATÁ.

 

"Noites confinadas" é un album ilustrado que invita a ser leido en cabanas de mantas.É un libro-tellado. Album ilustrado que aposta pola cátedra de quen sinte a literatura e a arte como refuxio da reflexión e da transformación. Os libros-tellado son espazos de recollemento para vivir, volver a vivir e seguir vivindo.

"DESDE TUS OJOS" DE M.MARKUSEN.

 

"Desde tus ojos". M.Markusen é o pai dun neno autista. Nestas páxinas fainos chegar o seu sentir dende o rol dun acompañante que se formula centos de preguntas supèrpostas. Cuestións para as que busca respostas moitas veces en camiños laberínticos.




Margaret Keane.

¨MI PIE IZQUIERDO¨. O ARTISTA CHRISTY BROWN.

 


Christy Brown é un artista irlandés con parálise cerebral dende o seu nacemento. Podemos coñecer o seu relato de vida a través da  súa obra autobiográfica e da película versionada por Daniel Day Lewis.