sábado, 8 de marzo de 2025

8 DE MARZO: DIA DA MULLER. "QUEN MOVE AS CORDAS?" . "MULLERES OU BONECAS?".(BRUNA TRUFFA)

 







BRUNA TRUFFA

"LOS DESPISTES DEL ABUELO PEDRO" DE MARTA ZAFRILLA E MIGUEL ÁNGEL DÍEZ.

 


Abrigo, fonte, gato,...palabras que se van difuminando, que xogan ás agachadas nos labirintos da memoria do avó Pedro. Un conto relatado polo seu neto que pensa no imposible para que as sombras do Alzheimer non avancen no diccionario do seu avó.

"CUERPO DE NUBE" DE ANA A. DE EULATE E MÓNICA CARRETERO.

 


Naceu unha ovelliña que en vez de ter lá ten un corpo de nube. Un conto onde  a diferenza aloumíñase cas pestanas e as xemas dos dedos e das dedas.




domingo, 2 de marzo de 2025

"QUINCE OCASIONES PARA PEDIR DESEOS EN LA CALLE" DE NICOLÁS SCHUFF E MAGUMA.


Os desexos ás veces cúmprense, outras bifurcan. Nalgunhas ocasións acontece todo o contrario, ou mesmo nacen berrando sen ser escoitados evaporándose. Este album ilustrado é un festival de cores. Desexos diversos, diversos desexos.









 

"EL VIAJE DE KALAK" DE MARIA QUINTANA SILVA E MARIE-NOËLLE HÉBERT.


Emigrar é sinónimo de tomar decisións moitas veces sen horizontes garantidos. Nos petos, pasaportes de incertidumes, medos e fronteiras de quen nunca lle pregou ao vento que por favor non soprara en contra.




 

"DOROTHY.UNA AMIGA DIFERENTE" DE ROBERTO ALIAGA E MAR BLANCO.

 


Dorothy é unha amiga que abre as xanelas do autismo para que o vento despeitee a reflexión, a riqueza da diversidade.







"AZUL Y BERTIE" DE KRISTYNA LITTEN.




Cada día, cada semana, cada mes e cada ano, as xirafas facían exactamente o mesmo todos os días. Cando coñeceron a Azul descubren xardíns onde as flores son de miles de formas e cores.

 


sábado, 1 de marzo de 2025

"QUEN FALA?" DE TARO GOMI.

 


Aprender a dialogar co corpo forma parte do noso autocoñecemento. Taro Gomi escoita o que opinan as distintas partes a través de ilustracións dinámicas onde hai unha orquestra de voces.

"LILI ENTRE DOS NIDOS" DE JONNA LUND SORENSEN.

 


Tralo divorcio do pai e nai de Lili,  ten dous niños onde sentirse querido. Cada niño lle ofrece unhas vivencias distintas.







sábado, 22 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. BIOPOEMAS DE ALBA DE EVAN, XABIER DOMÍNGUEZ E BEA GREGORES.

 


Nesta obra poemos atopar BIOPOEMAS da vida de Rosalía de Castro. Emigración e muller son un eco constante nas súas páxinas. Unha vida poetizada.

QUE PRACIAMENTE BRILAN!


 ¡Qué pracidamente brilan

o río, a fonte i o sol!

Cánto brilan..., mais non brilan

para min, non.


¡
Cál medran herbas e arbustos,

cál brota na árbor a frol!

Mais non medran nin frorecen

para min, non.


¡
Cál cantan os paxariños

enamoradas canciós!

Mais anque cantan, non cantan

para min, non.


¡
Cál a Natureza hermosa

sorrí a maio que a mimóu!

Mais para min non sorrí,

para min, non.


Si..., para todos un
pouco

de aire, de luz, de calor...

Mais si para todos hai,

para min, non.


¡E ben...!,
xa que aquí n'atopo

aire, luz, terra nin sol,

¿para min n'habrá unha tomba?

Para min, non. 

 

(Rosalía de Castro)