domingo, 23 de marzo de 2025

" A ÁRBORE TAN POUCO ÁRBORE" DE MIGUEL A.PÉREZ ARTEAGA.

 



Neste relato inspirado nunha fábula africana vive unha árbore faladora aínda que non se lle entende. O lobo intentará sacar proveito desta situación.




"HILO SIN FIN" DE MAC BARNETT E JON KLASSEN.


 Cando alguén fai un agasallo de punto tecido polas súas mans, non só nos está agasallando cunha prenda, obxecto, etc. É o seu tempo, a súa enerxía, o seu mimo, o seu sentir sen fin.






sábado, 22 de marzo de 2025

"LA RAZÓN POR LA QUE SALTO" DE NAOKI HIGASHIDA.

 

Este libro está escrito por un neno de 13 anos . En cada capítulo intenta responder ás cuestións que escoita e non pode responder oralmente sobre o autismo, dende as súas vivencias: Preferides estar sós? Por que alineades os vosos coches de xoguete e pezas de construción? Por que repetides determinadas accións unha e outra vez?.

"SER AMIGOS" DE ARIANNA PAPINI.


 A amizade a través da diversidade e da diferenza. Ilustracións que son espellos de relacións de acompañamento e arroupamento en días de lóstregos e en días de castelos de area.

sábado, 15 de marzo de 2025

"LILA, LA PEQUEÑA LIBÉLULA" DE DAVID GÓMEZ E CAROLINA LUZÓN.

 




Dun xeito metafórico voando con  Lila podemos coñecer algunhas características do xeito de pensar e sentir dalgunhas persoas autistas. Cada persoa é única e ten o seu propio retrato.


"KIWI, UN PÁJARO MÁS BIEN RARO" DE SUSANNA ISERN E REBECA LUCIANI.

 

Kiwi, é ou non é un páxaro? Pode voar ou non pode voar? Ten plumas ou pelo? El que sinte? As autoras plasman e reinvindican a beleza da diferenza a través de coloridas ilustracións.





"TOTALMENTE ADRIÁN" DE TOM PERCIVAL.

 


Tom Percival pon enriba da mesa a fatiga existencial de disimular para intentar encaixar dentro dos moldes ditados. Neste caso, ocultando unhas ás cun chuvasqueiro moi grande de cor amarelo.






venres, 14 de marzo de 2025

" SOY UN PUNTO" DE CAROLINA ZANOTTI E GIANCARLO MACRI.

 

Carolina Zanotti y Giancarlo Macri con sinxelos pero complexos   puntos metafóricos,  crea dous universos antitéticos que semellan non ter espazos de interseción. O diálogo, a reflexión e a sensibilidade fai que podamos soñar coa desaparición  das fronteiras do alleo e que se acaden escenarios de fusión e solidariedade.










(Fotografías de Sebastiâo Salgado)



"LA PREOCUPACIÓN DE LUCÍA" DE TOM PERCIVAL.

 


As preocupacións son sempre do mesmo tamaño? Como medran? Podemos facelas invisibles? Poden aparecer e desaparecer? Tom Percival dalle corpo ás "preocupacións" a través das súas ilustracións.




"QUE LE PASA A UMA?" DE RAQUEL DIAZ REGUERA

 


Ás veces deixamos de ser quen somos para encaixar e ser como os/as demáis? Pero porque teño que renunciar ao que sinto cando non coincide cas maiorías (reais e simuladas)? Por que penalizamos o "raro"? Por que clonamos borrando "o distinto"?